Por que vendemos publicidade e
non vendemos resultados da busca.

Nun mundo onde todo parece estar á venda, por que non poden comprar os anunciantes unha posición mellor nos nosos resultados da busca?

A resposta é sinxela: cremos que deberías confiar no contido que atopas con Google. Desde o principio, o noso enfoque sobre a busca foi proporcionar as respostas e resultados máis relevantes aos nosos usuarios.

Os resultados da busca de Google teñen en conta quen establece unha ligazón cunha páxina web, así como a relevancia do contido desa páxina para a túa busca. Os nosos resultados reflicten a importancia que lle outorga a comunidade online e non o que nós ou os nosos socios pensamos que debes ver.

E aínda que cremos que os anuncios relevantes poden ser tan útiles como os resultados da busca reais, non queremos que ninguén se confunda ao respecto.

Cada anuncio en Google márcase claramente e distínguese dos resultados da busca reais. Mentres que os anunciantes poden pagar máis para mostrarse nunha posición superior na área da publicidade, ninguén pode comprar unha mellor posición nos propios resultados da busca. Ademais, os anuncios só se mostran se son relevantes para os termos de busca que introduciches. Isto quere dicir que só ves os anuncios que son realmente útiles.

Algúns servizos online non cren que a distinción entre os resultados da busca e a publicidade sexa tan importante.

Nós si.