Acceso fácil e seguro a todo ao teu contido
Garda e comparte ficheiros e cartafoles, e colabora neles, desde calquera dispositivo móbil, tableta ou ordenador
Proteccións integradas contra software malicioso, spam e ransomware
Grazas á encriptación que che ofrece Drive, poderás acceder de forma segura aos teus ficheiros. Como medida preventiva, os ficheiros compartidos contigo analízanse en busca de software malicioso, spam, ransomware ou contido que se poida considerar phishing. No caso de que se detecte algún deses elementos, quitaranse. Drive é unha aplicación nativa deseñada para usarse na nube, o que significa que os teus dispositivos correrán menos riscos porque non hai necesidade de usar ficheiros almacenados localmente.
Aplicacións deseñadas pensando no usuario que elevarán o traballo en equipo á máxima potencia
Drive intégrase con Documentos, Follas de cálculo e Presentacións, todas elas aplicacións nativas deseñadas para usarse na nube que lle permitirán ao teu equipo crear contido e colaborar da forma máis eficaz en tempo real.
Compatibilidade coas ferramentas e aplicacións que usa o teu equipo
Drive complementa a tecnoloxía que adoitedes utilizar ti e mais o teu equipo, e intégrase perfectamente con ela. Tedes que colaborar en ficheiros de Microsoft Office? Non hai problema! Non será necesario facer ningunha conversión de formato. Ademais, poderedes editar e almacenar outros tipos de ficheiro (máis de 100 tipos diferentes!), entre os que se inclúen ficheiros PDF, CAD ou de imaxe.
Rapidez e dilixencia grazas á AI e á tecnoloxía de Search de Google
Drive conta coas potentes funcións de busca de Google, o que se traduce en velocidade, rendemento e fiabilidade incomparables que facilitan a colaboración entre os usuarios. Ademais, Drive inclúe funcións como as pílulas de busca, que axudarán ao teu equipo a sacar á luz resultados máis relevantes para encontrar antes os ficheiros.
Milleiros de equipos xa cambiaron a súa forma de traballar grazas a Drive
Escolle o plan que máis che conveña
Google Drive forma parte de Google Workspace
Todos os plans inclúen
Para uso persoal (sen custo)
|
Business Standard$12 USD
ao mes por usuario, con 1 ano de permanencia Ou $14.40 ao mes por usuario coa facturación mensual
|
|
---|---|---|
Drive
Almacenamento na nube seguro |
15 GB por usuario |
2 TB por usuario |
Uso compartido co público de destino |
||
Unidades compartidas para o teu equipo |
||
Documentos, Follas de cálculo, Presentacións, Formularios
Creación de contido |
||
Gmail
Correo electrónico seguro |
||
Correo electrónico de empresa personalizado |
||
Meet
Chamadas de voz e videoconferencias |
100 participantes |
150 participantes |
Almacenamento das gravacións das reunións en Drive |
||
Administrador
Administración centralizada |
||
Controis da política de seguranza baseados en grupos |
||
Servizo de atención ao cliente |
Autoservizo en liña e foros comunitarios |
Servizo permanente de asistencia en liña e foros comunitarios |
Queres máis espazo de almacenamento para a túa conta persoal?
Google One é un plan de subscrición que che proporciona máis almacenamento para usalo en Google Drive, Gmail e Google Fotos. Ademais, con Google One consegues beneficios adicionais e podes compartir a subscrición coa túa familia.