Contrata un profesional de confianza para realzar a túa visibilidade
Os profesionais de confianza de Street View:
- Son os que reciben a insignia do programa Trusted de Street View
- Son colaboradores destacados con cincuenta fotos en 360º aprobadas e publicadas
- Aparecen no noso índice de profesionais para contratar
- Están equipados para empregar os recursos de marca do programa Trusted con fins de márketing
Que podes esperar dun profesional?
Un colaborador experimentado de Street View pode axudar as empresas que buscan ter máis visibilidade a conseguila de xeito rápido e sinxelo. Non obstante, antes de dar este paso, é importante que coñezas o papel que desempeñará cada parte neste intercambio.
Propietarios de empresas
- Se contratas un fotógrafo de confianza para que recompile imaxes da túa empresa, ten en conta que Google non pode garantir a calidade dos seus servizos.
- Ti e o fotógrafo negociaredes as condicións, os servizos e o prezo da sesión de fotos.
- Debes realizar o pago do percorrido virtual ou das fotos ao fotógrafo de confianza; non a Google nin a través de Google.
- Se se produce algunha disputa, terás que resolvela co fotógrafo ou coa axencia segundo o estipulado nas condicións do contrato.
- Se queres informar dalgún problema relacionado cos servizos dun fotógrafo de confianza de Street View, completa este formulario.
Contratar os servizos de Street View
Grazas á tecnoloxía compatible con Street View, os profesionais de confianza poden actualizar a información de Street View da túa comunidade publicando imaxes captadas en exteriores.
- Aínda que Google non contrata fotógrafos nin axencias, si que permite aos colaboradores publicar imaxes actualizadas de estradas en Street View. Na nosa listaxe de profesionais para contratar, figuran fotógrafos e axencias que achegan imaxes impresionantes de alta calidade para mostrar a súa destreza.
- Google continúa esforzándose percorrendo moitos países co coche para ofrecerche imaxes que melloren a túa experiencia e che axuden a descubrir o mundo que te rodea. Descubre cara a onde nos dirixiremos proximamente para ver se pasaremos preto de ti, ou ben contacta cun profesional de confianza se queres renovar as túas imaxes o antes posible.
Busca un profesional de confianza na túa zona
Empeza por buscar un profesional de confianza nas proximidades.
Axencia | Cidade | Correo electrónico | Número de contacto |
---|
Axencia | Cidade | Correo electrónico | Número de contacto |
---|
*As novas inscricións no programa Trusted de Street View están pechadas de forma temporal.