De simple afección a iniciativa de ámbito mundial: como a creación de mapas que reflicten a beleza da Polinesia Francesa trouxo innumerables vantaxes á súa poboación.

A Polinesia Francesa, coas súas praias de area branca, rutas de sendeirismo serpeantes e lugares declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, é un deses destinos que non podes perder. Pero mentres algúns soñaban coa Polinesia, Christophe Courcaud atopou unha oportunidade única para levar o paraíso aos fogares e contribuír ao desenvolvemento turístico de Tahití con Street View.

1800 km

fotografados

1 200 000

imaxes

con

8K

de resolución de pantalla nos vídeos

Máis de 8

illas

18

hoteis publicados

Máis de 450

fichas de empresa
creadas

Mestura dos negocios co pracer

En 2019, Christophe fundou Tahiti 360 movido pola súa paixón por Street View e polas fermosas illas da Polinesia Francesa. A empresa está especializada en tomar fotografías en 360° en amplos espazos exteriores da Polinesia, incluídas as rutas de sendeirismo e as praias, e cargalas en Street View. Aínda que está centrado sobre todo en captar e amosar a beleza da vida na illa, Christophe tamén axuda aos negocios locais a gañar visibilidade facendo percorridos virtuais envolventes de Street View en espazos interiores.

Creación de mapas da Polinesia Francesa

Tendo en conta que nestes tempos case todo está dixitalizado, resulta difícil de crer que da Polinesia Francesa só estivesen dispoñibles vistas por satélite ata que Christophe e Tahiti 360 chegaron á illa. Para complicar aínda máis as cousas, as rúas de illas como Bora Bora e Tahití non tiñan nome, polo que desprazarse por aló era todo un desafío tanto para a xente do lugar como para os turistas. E o máis importante de todo é que dificultaba tanto o traballo dos servizos de emerxencia (por exemplo, bombeiros e persoal de emerxencias) como a aplicación da lei.

 

Sempre pensei que a ferramenta Street View podía ser moi beneficiosa para as comunidades locais. Que teñas a capacidade de situarte nunha zona concreta e familiarizarte cos arredores antes incluso de saír da casa sempre me resultou fascinante. Parecíame especialmente útil na Polinesia Francesa, onde orientarse con facilidade era unha misión case imposible.

-

Christophe Courcaud, fundador de Tahiti 360

 

Creación de mapas de Bora Bora en Google Street View

Recoñecendo as vantaxes que Street View podía traer á vida na illa, as autoridades locais asociáronse con Tahiti 360 para crear mapas e poñer nome ás estradas de Tahití, Moorea, Bora Bora, Raiatea, Maupiti, Huahine, Fakarava e Rangiroa. Christophe usou vehículos todo terreo, carros de golf, bicicletas eléctricas, motos de auga e incluso cabalos para percorrer 1800 km da Polinesia Francesa. Grazas en parte ao percorrido de Christophe e aos datos xeolóxicos locais achegados polas autoridades, agora é posible obter avisos sobre o tráfico en tempo real, suxestións sobre as rutas máis rápidas e indicacións para chegar a negocios locais de Tahití a través de Google Maps. Esta información é especialmente útil para conseguir que os servizos de emerxencia traballen con máis eficacia na illa. Por último, o acceso ás imaxes de Street View de Tahiti 360 tamén serviu para facilitar as tarefas de planificación urbanística e de mantemento de edificios e estradas.

Acceso ao lugar declarado Patrimonio Mundial pola Unesco

O percorrido virtual máis envolvente de Tahiti 360 é o de Taputapuatea, na illa de Raiatea. O lugar foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO e é un dos motivos principais polos que máis de 300 000 persoas visitan a Polinesia Francesa cada ano. Porén, ao captar a súa beleza en 360°, Christophe fixo posible que millóns de persoas poidan coñecer o lugar virtualmente. Ademais, grazas ao traballo que publicou en Street View, todos podemos apreciar e percorrer este lugar paradisíaco desde as nosas pantallas.

Abranguer unha illa enteira non é nada fácil, pero Christophe estaba disposto a tentalo. Para non esquecer nada de todo o que debía captar de Bora Bora en 360°, percorreu a illa en coche, en barco e a pé. Só tardou sete días en crear mapas de toda a illa e poñelos ao dispor de todos para que puidésemos consultalos en Street View.

Ademais de tirar fotos de Bora Bora, tamén as tomou das rúas de Papeete (capital de Tahití) e de Pirae. A visibilidade deu resultado cando as imaxes de ambas as cidades se engadiron a Street View.

Os negocios locais tamén tiveron a oportunidade de ser máis visibles en Street View. Os grandes grupos hoteleiros (por exemplo, Intercontinental, Manava e Hilton) e as casas de hóspedes máis pequenas estaban impacientes por amosarlle ao mundo as súas instalacións.

Engadiranse máis lugares á lista de desexos

Tahiti 360 espera abranguer todas as illas da Polinesia Francesa a finais de ano; quédalle pendente crear mapas das illas Maupiti, Tahaa, Marquesas, Gambier e Austrais. E aínda que lle queden moitas zonas por percorrer na Polinesia Francesa, Christophe xa está pensando na próxima aventura. Ademais, chegou a un acordo para traballar coas autoridades locais francesas da súa cidade natal e percorrer 400 km de rutas para bicicletas, os "hortillonnages" de Amiens e o tren turístico da axencia Somme Tourisme. Tamén percorrerá Teahupoo, lugar onde se celebrarán os eventos de surf con motivo dos Xogos Olímpicos de 2024. Namentres, espera engadir as illas de Nova Caledonia e Wallis e Futuna a Street View para facilitarlle a vida á xente do lugar e conseguir que máis persoas coñezan este paraíso.

Street View é unha plataforma colaborativa onde os usuarios poden contribuír ao desenvolvemento das comunidades e ao crecemento empresarial achegando as marabillas do mundo ás nosas casas grazas á publicación de imaxes envolventes en Google Maps. O mellor de todo é que calquera usuario pode dedicarse a crear mapas con Street View: só ten que dar os primeiros pasos e comezar a contribuír.

Comparte as túas propias imaxes de Street View