Obtén estatísticas rapidamente con Google Forms
Crea e comparte formularios e enquisas en liña facilmente e analiza as respostas en tempo real.
Crea un formulario en liña coa mesma facilidade coa que crearías un documento
Selecciona entre diversos tipos de preguntas, arrastra e solta as preguntas para cambiarlles a orde e personaliza os valores tan facilmente como se pegases unha lista.
Envía enquisas e formularios máis lucidos
Personaliza as cores, as imaxes e os tipos de letra de xeito que se axusten ao deseño da túa organización ou reflictan a súa marca. Tamén podes engadir unha lóxica personalizada que mostre preguntas baseadas en respostas para ter unha experiencia máis completa.
Analiza as respostas con resumos automáticos
Revisa gráficos con datos de resposta que se actualizan en tempo real. Ou, se o prefires, podes abrir os datos sen procesar con Google Sheets para analizalos polo miúdo ou automatizar procesos.
Crea enquisas e responde a elas desde calquera lugar
Crea e edita formularios, e accede a eles, esteas onde esteas, desde pantallas grandes ou pequenas. Os outros usuarios poderán responder á túa enquisa desde calquera lugar e con calquera dispositivo móbil, tableta ou ordenador.
Crea formularios e analiza os resultados con outros usuarios
Engade colaboradores, como fas en Documentos, Follas de cálculo e Presentacións de Google, para creardes entre todos preguntas en tempo real. Poderedes analizar xuntos os resultados sen ter que compartir varias versións do ficheiro.
Traballa con datos de resposta precisos
Utiliza a intelixencia integrada para fixar normas de validación de respostas. Por exemplo, para comprobar que os enderezos de correo electrónico teñen o formato correcto ou que os números están nun intervalo concreto.
Comparte formularios por correo electrónico, mediante unha ligazón ou en sitios web
É fácil compartir formularios con persoas concretas ou cun público máis amplo. Só tes que inserir os formularios no teu sitio web ou compartir as ligazóns nas redes sociais.
Seguranza, cumprimento de normativas e privacidade
Seguranza como valor predeterminado
Empregamos medidas de seguranza líderes no sector para salvagardar os teus datos, como ferramentas de protección avanzadas contra o software malicioso, por exemplo. Ademais, Formularios é unha aplicación nativa deseñada para usarse na nube, o que significa que os teus dispositivos correrán menos riscos porque non hai necesidade de usar ficheiros almacenados localmente.
Encriptación en tránsito e en repouso
Todos os ficheiros que se cargan en Google Drive ou se crean en Formularios dispoñen de encriptación en tránsito e en repouso.
Garantía de cumprimento de normativas e regulamentos
Os nosos produtos (tamén Formularios) sométense periodicamente a procesos independentes de control para comprobar a seguranza, privacidade e cumprimento das normativas que ofrecen.
Privacidade como valor engadido
Formularios cumpre cos mesmos sólidos principios respecto da privacidade e protección de datos que o resto dos servizos empresariais de Google Cloud.
Ti controlas os teus datos.
Nunca utilizamos o teu contido de Formularios con fins publicitarios.
Nunca lles vendemos a túa información persoal a terceiros.
Escolle o plan que máis che conveña
Google Forms forma parte de Google Workspace
Todos os plans inclúen
Para uso persoal (sen custo) |
Business Standard$12 USD
ao mes por usuario, con 1 ano de permanencia Ou $14.40 ao mes por usuario coa facturación mensual
|
|
---|---|---|
Documentos, Follas de cálculo, Presentacións e Formularios
Creación de contido |
||
Drive
Almacenamento na nube seguro |
15 GB por usuario |
2 TB por usuario |
Unidades compartidas para o teu equipo |
||
Gmail
Correo electrónico seguro |
||
Correo electrónico de empresa personalizado |
||
Meet
Chamadas de voz e videoconferencias |
100 participantes |
150 participantes |
Almacenamento en Drive das gravacións das reunións |
||
Administración
Administración centralizada |
||
Controis da política de seguranza baseados en grupos |
||
Servizo de atención ao cliente |
Autoservizo en liña e foros comunitarios |
Servizo permanente de asistencia en liña e foros comunitarios |
Aforra traballo cos modelos
Elixe entre unha variedade de enquisas, cuestionarios e outros modelos de deseño profesional para poñerte en marcha rapidamente.
Visita a galería de modelos de Formularios para ver máis.